Os alumnos, despois de visualizar unha galería de imaxes da nosa fauna realizarán un mural de recoñecemento que chamaremos: Que animal son?
Para realizar este mural os alumnos terán un animal, que elixirán previamente, dos que lle presentaron e farán un debuxo deste animal. Prepararán unha tarxeta con cartolina e pegarán en primeiro plano o debuxo e nun segundo plano porán o nome e a foto do animal.
Nos como espectadores teremos que adiviñar que animal nos están a presentar. Pero para poder xogar debemos esperar a nosa exposición que xa esta moi preto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario