xoves, 30 de outubro de 2014

3ª sesión: Pontevedra na actualidade

Os alumnos fixeron, segundo o nivel, unha ficha explicativa de todos os aspectos referentes a economía da nosa cidade.



Ademais participaron nun "pleno" e elexiron o seu alcalde e os seus concelleiros.

Os alumnos de 3º e 4º de primaria ademáis visitaron o concello onde foron recibidos polo alcalde da nosa localidade.

Neste enlace podedes ver as fotografías que Pontevedraviva quitou aos nosos alumnos.

http://pontevedraviva.com/galeria/1013/visita-alumnos-colexio-san-jose-concello-pontevedra/?lang=es#/0

3ª sesión: Pontevedra na actualidade

Os alumnos participantes aprenden nesta ocasión o funcionamento e a maneira de vida da cidade neste momento.

Falamos da demografía. A nosa cidade na actualidade ten 82.934 habitantes. É unha cidade que conta con gran número de barrios.  A pobación ten unha idade media de 40 anos. Somos unha cidade cunha evolución demográfica moi ampla.


Falamos de política. Pontevedra é a capital de provincia, así como a cabeceira de comarca e do partido xudicial. É sede da Diputación Provincial así como das delegacións provinciais da Xunta de Galicia. Acolle tamén as sedes ministeriais da administración periférica española. A nosa cidade esta rexida polo alcalde e os seus concelleiros.











Falamos de economía. A maior parte dos ciudadanos da nosa cidade traballan no sector servizos. Ademais ao ser capital de provincia conta con numerosas oficinas, polo que tamén é elebado o número de funcionarios na nosa cidade. Por outro lado está  a presenza da base militar en Figueirido e a cercana Escola Naval. Por último debemos falar da importancia de Pontevedra como referente da industria forestal.


mércores, 29 de outubro de 2014

2º Sesión: a miña cidade

Os alumnos de infantil e primaria, cada un a súa maneira, traballaron nun debuxo onde podemos ver como era e como é a nosa cidade.

Vos deixamos aquí un exemplo dunha  clase...os demais teredes que agardar para velos ata a gran exposición...






2º Sesión: Pontevedra antiga- Pontevedra actual

Non podemos entender nin traballar o tema que nos atañe sen comparar como era e como é a nosa cidade. Na sesión anterior, os nosos alumnos, aprenderon sobre a fundación e evolución histórica da nosa cidade, hoxe chega o momento de mirar a evolución da nosa cidade dende aquel momento ata os nosos días.


Dende a Idade Media ata o século XVI a cidade convértese no porto mais importante de Galicia e dos mais importantes de Europa., chegando así a ser unha das cidades mais grandes e importantes de Galicia.

No século XIX, coa creación das provincias e a designación de Pontevedra como capital, a cidade crea institucións e servizos que traerán diñeiro e poboación.


Na actualidade segue sendo unha cidade en crecemento e cun desenvolvemento superior a outras cidades de Galicia.



1º sesión: visita a cidade amurallada

Os alumnos de educación infantil e primaria que traballan no proxecto vistaron os restos da muralla da nosa cidade. Nesta visita poideron apreciar como era e como se facía a vida na época da muralla, ademias de aprender onde e como foi a fundación da nosa cidade, na época dos romanos.










1º Sesión: Pontevedra antiga

A lenda conta que chegou a estas terras Teucro, un dos heroes de Troya, cando foi rechazado polo seu pai e fundou un asentamento co nome de Helenes.




                        Te fundó el valiente Teucro
                        en la orilla de este río,
                        para que en España fueses
                        una maravillosa villa,
                        del cebedeo la espada
                        corona de tu gentileza;
                        un castillo, un puente y mar,
                       que es timbre de tu nobleza.



Arqueolóxicamente se relaciona a fundación da nosa cidade coa época dos romanos, mais concretamente coa mansión romana Turocqua, fundada nas orillas do Lérez na via romana XIX.


Posteriormente, durante o século XII, prodúcese unha reactivación da nosa cidade gracias a restauración de camiños e pontes. Reconstrúese a ponte romana que daba nome a nosa cidade e esta restauración fai que a nosa cidade chegue ata o momento de maior esplendor. Pontevedra é unha cidade amurallada que cada vez crece mais e chega ter ata o privilexio de dunha feira franca de treinta días de duración.





xoves, 16 de outubro de 2014

Eu vivo aqui...

Un ano mais traballaremos nun proxecto. Este curso adicarémolo á cidade de Pontevedra.



A comunidade educativa traballaremos con gran esforzo para que todo salga perfecto.

Un ano mais, pedimos a colaboración das familias xa que sodes unha parte esencial do noso traballo. Queremos dar, de antemán, as gracias a todos pola vosa axuda.