martes, 27 de xaneiro de 2015

7º sesión: Pontevedra actual. Camiño Portugués

Os nosos alumnos percorreron o camiño Portugués, cando pasa pola nosa cidade, facendo etapas a pé.
Para poder seguir o camiño aprenderon como se deben mirar as sinais que marcan o percorrido, as normas que deben seguir os peregrinos cando fan o camiño e unhas pequenas nocións do que se pode ver cando somos camiñantes pola nosa cidade.



Os alumnos de 5º e 6º de primaria fixeron a etapa dende o albergue, onde puideron ver o que ali se fai e como o peregrino disfruta de todas as atencións que se merecen, ata a igrexa de Santiago Peregrino do burgo.

Os alumnos de 4º e 5º de primaria uníronse a eles na rotonda de Eduardo Pondal con Uxio Novoneira.
Os alumnos de 1º e 2º de primaria uníronse na praza de Compostela.
Os alumnos de 5º e 6º de educación infantil uníronse na praza da Peregrina


e os mais pequenos, os de 4º de educación infantil, na nosa praza do Teucro.






Na igrexa de Santiago Peregrino do Burgo celebramos unha gran merenda para celebrar que todos fixemos ben o noso camiño.





luns, 19 de xaneiro de 2015

7º sesión: Pontevedra actual. Camiño Portugués

O camiño Portugués é o noso camiño, o que pasa pola nosa cidade e por iso temos que facer mais fincapé neste camiño. Os peregrinos son unha parte mais da nosa cidade, vémolos pasar durante todo o ano polas nosas rúas e son parte da nosa vida.


Sobre todo no noso colexio, onde paran, na nosa praza a saudar aos nosos nenos e a explicarlles a onde se dirixen, cando os nosos pequenos lles din: "Onde ides con tanto peso?"


O camiño porugués percorre Portugal dende o sur ata o norte onde entra por Tui a España. Os peregrinos percorren, segundo escollan mais ou menos quilómetros e poñen o comezo do seu percorrodido na cidade que mais lle apetezca ou mais prete lles quede.

O percorrido que mais se realiza e o que leva dende O Porto ata Santiago de Compostela. O camiño esta marcado polas tradicionais frechas amarelas ou as cunchas que marcan o noso camiño.



A capital de España do Camino de Santiago é a cidade de Pontevedra, onde os peregrinos se atopan coa iglesia da Peregrina, a mais famosa e acolledora para os peregrinos. Nela rezan e piden que a virxe lle acolla no camiño e os protexa.


O camiño portugués ademias ten a característica de que e un camiño de ida e volta, é dicir, esta marcado tanto cara Compostela como cara Portugal, xa que moitos dos que fan o camiño volven de volta cara a súa casa seguindo o mesmo camiño pero a inversa marcado con frechas azuis.



7º sesión: Pontevedra actual. O camiño a Santiago.

O Camiño a Santiago é a ruta que percorren os peregrinos dende moitos lugares do mundo ata a Catedral de Santiago de Compostela, onde se veneran a reliquias do Apóstolo Santiago o Maior.

Durante a idade media foi moi concurrido, despois foi lixeiramente olvidado, e na actulidade vai rexurdindo.
Aproximadamente dende o ano 921, coa aparición das presuntas reliquias do Apóstolo, Compostela convertirase progresivamente nun centro de peregriñaxe, e recebirá o impulso definitivo durante a primeira metade do século XI debido a que a noticia esténdese por toda Europa.



O número de camiñantes crece durante moito tempo e chegan dende moitos lugares formando así diferentes camiños cun só final: Santiago de Compostela.

Así crearanse os seguintes camiños: Camiño Francés, Camiño Portugués, Camiño dos ingleses, Camiño de Fisterre, Camiño do Norte, Camiño Primitivo, Camiño Real, Camiño da Vía da Plata, Camiño de Castela, Camiño do Ebro, Camiño Catalán,....

Os mais importantes serán o Camiño Francés, Camiño da Vía da Prata e Camiño Portugués.