mércores, 3 de decembro de 2014

6º sesión: Pontevedra aspecto cultural. Personaxes

Os alumnos aprenderán datos sobre cada personaxe e ademis segundo a idade e o nivel farán traballos de búsqueda de información por internet e posterior relato dos mesmos. Infantil fará o trabalo mediante debuxos.


6º sesión: Pontevedra aspecto cultural. Personaxes

Na nosa cidade hai moitos personaxes destacados, como todos non os podemos dar, porque non hai tempo para todos eles, as mestras fixemos unha pequena selección dos mais destacados e, pensando en que os nenos deben reter os datos, dos que coñecen mellor.

Benito Soto

Castelao

Valle-Inclán


Castelao, Méndez Núñez, Benito Soto, Manuel Quiroga, Valle-Inclán, Carlos Sobrino, Alejandro Sesmeros,.. serán algúns deles.

5º sesión: Pontevedra aspecto cultural. Esculturas.

Os alumnos realizarán, por aulas, unha maqueta dunha das esculturas que vimos na sesión. Representarán a praza e a escultura, tendo en conta a perspectiva, o tamaño, as cores,...

Será un traballo un pouco mais longo, polo que teredes que esperar un anaquiño ata que os nenos as rematen e as podamos expoñer,...tede paciencia... merecerá a pena...

Para que a espera sexa mais doada de levar diremos que....

3 anos representará o cubo modernista que se atopa nos xadíns da diputación.
4 anos representará a fonte da praza de Compostela.
5 anos representará a escultura da praza de San Xosé.
1º fará a señora e as galiñas, do mercado.
2º construirá a praza da Liberdade.
3º a Illa das esculturas.
4º o concello e o conxunto escultórico Fiel contraste.
5º xardíns do concello e o monumento escultórico dos heroes de Pontesampaio.

Agora solo tedes que ter imaxinación de como pode ser o seu traballo...

5º sesión: Pontevedra aspecto cultural. Esculturas.

Presentamos aos nosos alumnos algunhas da esculturas mais importantes da nosa cidade. Queremos que os nosos nenos teñan coñecementos de todas as artes, polo que cremos que é moi importante que coñezan todo tipo de escultura e de material de traballo.





4º sesión: Pontevedra aspecto cultural. Arquitectura.

Os alumnos fabricaron cunha serie de fotografías dos monumentos visitados, uns puzzles, tendo en conta sempre o nivel de traballo co nivel da clase. Os deixamos algúns exemplos, xa sabedes que os demais tedes que vir a velos ao centro cando se faga a exposición...


4º Sesión: Pontevedra aspecto cultural. Arquitectura.

Para poder disfrutar do aprendido todos os alumnos que participan no proxecto han visitado fisicamente algúns dos edificios que se lle presentaron, os que están mais preto do noso centro: Santa María, Palacete dos Mendoza, Concello, subdelegación do Goberno, Ruinas de Santo domingo, Diputación, Goberno Militar, Correos, Peregrina e San Francisco.







Ademais, dentro da visita á Basílica de Santa María, os alumnos puideron subir ata o campanario, dende onde se pode ver toda a nosa cidade. Foi unha experincia moi grata para eles.










4º Sesión: Pontevedra aspecto cultural. Arquitectura

Os alumnos poideron descubrir, mediante unha presentación de fotografías moitos dos nosos edificios. Aprenderon sobre edificacións relixiosas e civís.