martes, 21 de abril de 2015

12º Sesión: Pontevedra e a súa flora

Os alumnos que traballan no proxecto  participaron nunha serie de visitas as nosas zonas mais importantes de natureza da nosa vila.

Primeiro puideron vistar os xardín do Palacio de Lourizán. Acochado entre a espesura do seu propio bosque, atópase o gran palacio de Monteros Ríos. Este lugar é considerado patrimonio botánico de Galicia e polo tanto tema de estudio nesta parte do noso proxecto.



 Os xardíns seguen tendo a forma e beleza da súa época de maior explendor, cando era casa e nela quedaban importantes persoas do noso país a pasar o verán. Atópase nel un estado vexetal realizado polos xardineiros franceses mais destacados a época cunha parte destinada ao cultivo da vid e outra as especies mais exóticas: cipreses, araucarias, cedros, magnolias, plátanos, eucaliptos,...

Os alumnos fixeron una visita por todos os xardíns acompañados polos alumnos da Escola de Capataces que existe no recinto. Foi unha experiencia maravillosa para eles.





 
 
Por otro lado, achegámonos a flora mais cercana ao noso centro, os parque da Alameda e as Palmeiras. Os nosos alumnos descubriron o maravilloso mundo das árbores. Fixemos un percorrido polos mais sinxelos e mais chamativos para eles. Recollemos follas coas que os mais pequenos farán un mural da nosa flora. Por outro lado os maiores faran unha representación pictórica das árbores que viron que tamén será presentada na nosa exposición final.
 
 




Ningún comentario:

Publicar un comentario