mércores, 4 de febreiro de 2015

8º sesión: Pontevedra e as súas festas. Entroido

A festa do entroido pontevedrés garda unha larga tradición e tradúcese nunha semana de festas con moita riqueza e variedade na súa proposta. A partir de 1861 van a ser os estudiantes do instituto os que se encarguen da organización da festa, editando uns bandos que anuncien as actividades e que inviten aos cidadáns a participar en comparsas.


A chegada do rei Urco, coa súa manada de cans e unha das peculiaridades do noso entroido. Esta figura nace en 1876, ano no que Andrés Muruais, xunto co seu irmán Xesús, uns meses antes da festa, crean un ambiente de entroido disfrazándose con peles e cubrindo as súas cabezas cunha careta de animal, arrastrando tras eles forts cadenas. de esta maneira e aullaondo como como cans, percorren as rúas da cidade. Os habitantes da Moureira os identifican como Urco, o monstruo lexendario, un animal fantástico. Dende entón e ata o día de hoxe o rei Urco será a clave do comezo dos noso entroido, contanto claro algunhas claras excepcións.


Os desfiles, os concursos de disfraces, as xornadas gastronómicas, os concursos de filloas, as parodias, as murgas sucédense ata chegar ao verdadeiro día grande do entroido pontevedrés, cando os veciños saen as rúas ataviados con roupas de loito para facer a quema simbólica, na praza da Ferrería, do cadáver do loro Ravachol, que cada ano vai disfrazado cun motivo de actalidade, e as súas honras fúnebres, incluída unha necrolóxica na que se fai repaso ds principais asuntos da cidade, significa o final das festas. A casualidade quixo que o loro morrera no Entroido e o seu dolo, segundo as crónicas do ano 1913, foi todo un espétaculo multitudinario, dende entón o enterro do loro sustitúe ao enterro da sardiña na nosa cidade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario