martes, 27 de xaneiro de 2015

7º sesión: Pontevedra actual. Camiño Portugués

Os nosos alumnos percorreron o camiño Portugués, cando pasa pola nosa cidade, facendo etapas a pé.
Para poder seguir o camiño aprenderon como se deben mirar as sinais que marcan o percorrido, as normas que deben seguir os peregrinos cando fan o camiño e unhas pequenas nocións do que se pode ver cando somos camiñantes pola nosa cidade.



Os alumnos de 5º e 6º de primaria fixeron a etapa dende o albergue, onde puideron ver o que ali se fai e como o peregrino disfruta de todas as atencións que se merecen, ata a igrexa de Santiago Peregrino do burgo.

Os alumnos de 4º e 5º de primaria uníronse a eles na rotonda de Eduardo Pondal con Uxio Novoneira.
Os alumnos de 1º e 2º de primaria uníronse na praza de Compostela.
Os alumnos de 5º e 6º de educación infantil uníronse na praza da Peregrina


e os mais pequenos, os de 4º de educación infantil, na nosa praza do Teucro.






Na igrexa de Santiago Peregrino do Burgo celebramos unha gran merenda para celebrar que todos fixemos ben o noso camiño.





1 comentario: