xoves, 30 de outubro de 2014

3ª sesión: Pontevedra na actualidade

Os alumnos participantes aprenden nesta ocasión o funcionamento e a maneira de vida da cidade neste momento.

Falamos da demografía. A nosa cidade na actualidade ten 82.934 habitantes. É unha cidade que conta con gran número de barrios.  A pobación ten unha idade media de 40 anos. Somos unha cidade cunha evolución demográfica moi ampla.


Falamos de política. Pontevedra é a capital de provincia, así como a cabeceira de comarca e do partido xudicial. É sede da Diputación Provincial así como das delegacións provinciais da Xunta de Galicia. Acolle tamén as sedes ministeriais da administración periférica española. A nosa cidade esta rexida polo alcalde e os seus concelleiros.











Falamos de economía. A maior parte dos ciudadanos da nosa cidade traballan no sector servizos. Ademais ao ser capital de provincia conta con numerosas oficinas, polo que tamén é elebado o número de funcionarios na nosa cidade. Por outro lado está  a presenza da base militar en Figueirido e a cercana Escola Naval. Por último debemos falar da importancia de Pontevedra como referente da industria forestal.


Ningún comentario:

Publicar un comentario