Non podemos entender nin traballar o tema que nos atañe sen comparar como era e como é a nosa cidade. Na sesión anterior, os nosos alumnos, aprenderon sobre a fundación e evolución histórica da nosa cidade, hoxe chega o momento de mirar a evolución da nosa cidade dende aquel momento ata os nosos días.
Dende a Idade Media ata o século XVI a cidade convértese no porto mais importante de Galicia e dos mais importantes de Europa., chegando así a ser unha das cidades mais grandes e importantes de Galicia.
No século XIX, coa creación das provincias e a designación de Pontevedra como capital, a cidade crea institucións e servizos que traerán diñeiro e poboación.
Na actualidade segue sendo unha cidade en crecemento e cun desenvolvemento superior a outras cidades de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario