Os alumnos realizarán, por aulas, unha maqueta dunha das esculturas que vimos na sesión. Representarán a praza e a escultura, tendo en conta a perspectiva, o tamaño, as cores,...
Será un traballo un pouco mais longo, polo que teredes que esperar un anaquiño ata que os nenos as rematen e as podamos expoñer,...tede paciencia... merecerá a pena...
Para que a espera sexa mais doada de levar diremos que....
3 anos representará o cubo modernista que se atopa nos xadíns da diputación.
4 anos representará a fonte da praza de Compostela.
5 anos representará a escultura da praza de San Xosé.
1º fará a señora e as galiñas, do mercado.
2º construirá a praza da Liberdade.
3º a Illa das esculturas.
4º o concello e o conxunto escultórico Fiel contraste.
5º xardíns do concello e o monumento escultórico dos heroes de Pontesampaio.
Agora solo tedes que ter imaxinación de como pode ser o seu traballo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario