domingo, 15 de marzo de 2015

11º sesión: Pontevedra e o clima.

Pontevedra ten un clima oceánico, segundo a clasificación climática de Köppen.  A temperatura promedio é de quince grados. Segundo esta clasificación Pontevedra ten un clima oceánico con veranos suaves, ainda que fai uns anos esta clasificación vai cambiando cara un clima oceánico con veranos secos, xa que temos mais altas temperaturas.



A nosa cidade ten un microclima caracterizado por ter unha estación seca e temperaturas superiores nos meses mais cálidos. É uns dos climas mais benignos de Galicia e conta coa maior cantidade de días soleados da nosa comunidade, equiparando a nosa cidade coas das comunidades andaluza e valenciana.



As Rías Baixas son un dos puntos mais chuviosos de Galicia, sen embargo, Pontevedra capital con elevadas precipitacións é unha das cidades menos chuviosas de Galicia.




A cidade ten poucos cambios de temperatura grazas á influencia do mar. Os veráns son de calor moderado e os invernos estan marcados por pequenas heladas e temperaturas no moi frías.


luns, 9 de marzo de 2015

10º sesión: Pontevedra e as súas festas. Feira Franca

Para que os nosos alumnos celebren a chegada da Feira Franca a nosa cidade, teñen que estar integrados nesa época.



E que mellor que ter unha muralla que os achegue a nosa cidade amurallada e coas portas polas que entraban os materiais e as mercadorías que se compraban e vendían nesa época.

Os alumnos de infantil e primaria que participan no noso proxecto pintarán e construirán con briks a súa propia muralla que logo formará parte da nosa gran exposición.





10º sesión: Pontevedra e as súas festas. Feira Franca

A feira franca é unha festa baseada no privilexio concedido polo rei Enrique IV no ano 1467, en virtude do cal se autorizaba a celebración do mercado libre de impontos dun mes de duración, quince días antes e quince días despois do vintecatro do mes de agosto de cada ano, festividade de San Bartolomeu.


A concesión da feira franca coincide co periodo de puxanza económica da cidade, que se amplía ata finais do século XVI. O comercio e a pesca foi nesta época o sustento principal da nosa cidade.


A festa da feira franca, rescatada aos inicios do século XXI, é un gran mercado medieval onde se reflicte a artesanía, a gastronomía, o comercio, ... de esta época. A xente da cidade reprocude a vestimenta e a vida desta época e celebra así unha vida de explendor da vila.






luns, 23 de febreiro de 2015

9º sesión: Pontevedra e as súas festas. Peregrinas. Actividade

Os alumnos de primaria, despois de recordar como se celebran estas festas na nosa cidade, elaborarán un programa de festas, co seu logotipo, as actividades, a organización,... Descubrirán así todo o que se pode facer nas nosas festas e o traballo que se fai para que todos nos o pasemos de maravilla durante a semana grande da cidade.



Os alumnos de infantil elaborarán o cartel das festas segundo a idade e o nivel de traballo. O final, todos xuntos conseguiremos elabrorar todo o necesario para garantir unha bonita publicidad das festas da nosa cidade.

domingo, 22 de febreiro de 2015

9º sesión: Pontevedra e as súas festas. Peregrinas

O segundo domingo do mes de agosto, celébrase o día da Virxe Peregrina, patroa da provincia de Pontevedra e do Camiño Portugués a Santiago.


Durante sete días fanse multitud de actividades, tanto para nenos como para maiores. Estas festas son moi importantes para a nosa cidade xa que chegan xentes de todos lados.


A xente, a animación, a música e os espectáculos dan vida as prazas e rúas. As mais relevantes de todas as festas son a "Batalla de Flores" e a procesión (acto relixioso) da imaxe que durante o ano está na igrexa da Peregrina. Tamén temos que destacar os actos pirotécnicos que se celebran durante as festas.


martes, 10 de febreiro de 2015

8º sesión: Pontevedra e as súas festas. Entroido. Actividade

Presentamos aos nosos alumnos a historia do entroido da nosa cidade. Como era e como é. Ademais segundo as idades farán un traballo de investigación de que sucede no noso entroido e cal e o programa dende o seu comezo ata o día de hoxe.

Por outra banda, presentamos ao noso pirata, Benito Soto, aos nosos alumnos, ya que cremos que xa forma parte importante das nosas festas.



Os alumnos de educación inantil, escoitaron a súa vida e poideron oir o conto "Benito Soto, o último pirata". Despois realizaron o debuxo do seu pirata.

 
Os alumnos de primaria oíron o relato da súa vida e as súas andainas polo océano Atlántico. Ademais leron o conto e fixeron un pequeno debuxo dos comezos deste personaxe tan peculiar.

 
 
Todos os alumnos pintaron ademáis un antefaz do noso pirata para convertirse neste bucaneiro por un rato.
 

 

mércores, 4 de febreiro de 2015

8º sesión: Pontevedra e as súas festas. Entroido

A noite pirata. A pirateria tivo moito que ver dende sempre co entroido, e dende o ano 2012 ten a súa propia noite no noso, debido a que a nosa cidade está ligada a un personaxe moi querido, o pirata Benito Soto.



Por todo isto cada martes de entroido desembarca na nosa cidade a Burla Negra, o gran barco do noso personaxe e toda a súa tripulación, que intentan reclutar novos membros. As xentes saen as rúas vestidos de piratas e recrean toda esa boráxine das festas piratas.

Este ano queremos que esa festa pirata teña un sentido histórico para os nosos alumnos e por iso presentamos ao sanguinario bucanero local Benito Soto, o último pirata do Atlántico.

A aventura dun dos poucos piratas galegos que tiveron fama mundial comeza en 1805. Pasará a historia como un dos mais sanguinarios e temidos. No 1830 remata a súa andadura despois de facer moitas fechorias. Cae preso en Gibraltar e é condenado á forca por setenta e cinco asesinatos e dez embarcación saqueadas e afundidas.