luns, 27 de abril de 2015

13º Sesión: Pontevedra e a súa fauna

Na nosa cidade abundan as gaivotas e as pombas en grandes cantidades. Nas prazas, nas rúas, nas zonas arboladas, nos peiraos podemos velas en calquera momento do día formando parte do noso que facer diario.

 
Nos nosos parques anidan ademáis estorninos e mirlos. As bandadas dos estorninos son famosas no ceo da nosa zona vella.

 
 
Nos nosos ríos abundan gran variedade de aves, (patos, cisnes, ..), ras, píntegas, serpes, nutrias, bolboretas, tartarugas, insecto, raposos, peixes,..
 


 






martes, 21 de abril de 2015

12º Sesión: Pontevedra e a súa flora

Os alumnos que traballan no proxecto  participaron nunha serie de visitas as nosas zonas mais importantes de natureza da nosa vila.

Primeiro puideron vistar os xardín do Palacio de Lourizán. Acochado entre a espesura do seu propio bosque, atópase o gran palacio de Monteros Ríos. Este lugar é considerado patrimonio botánico de Galicia e polo tanto tema de estudio nesta parte do noso proxecto.



 Os xardíns seguen tendo a forma e beleza da súa época de maior explendor, cando era casa e nela quedaban importantes persoas do noso país a pasar o verán. Atópase nel un estado vexetal realizado polos xardineiros franceses mais destacados a época cunha parte destinada ao cultivo da vid e outra as especies mais exóticas: cipreses, araucarias, cedros, magnolias, plátanos, eucaliptos,...

Os alumnos fixeron una visita por todos os xardíns acompañados polos alumnos da Escola de Capataces que existe no recinto. Foi unha experiencia maravillosa para eles.





 
 
Por otro lado, achegámonos a flora mais cercana ao noso centro, os parque da Alameda e as Palmeiras. Os nosos alumnos descubriron o maravilloso mundo das árbores. Fixemos un percorrido polos mais sinxelos e mais chamativos para eles. Recollemos follas coas que os mais pequenos farán un mural da nosa flora. Por outro lado os maiores faran unha representación pictórica das árbores que viron que tamén será presentada na nosa exposición final.
 
 




12º Sesión: Pontevedra e a súa flora

As prantas son as nosas aliadas para una vida sana e un medio ambiente máis saudable. un undo sen árabores, arbustos ou prantas sería imposible, e polo tanto una cidade sen a súa flora sería tamén algo imposible.


Pontevedra é una cidade con grandes  paisaxes urbanas e una explédida colección de plantas que engalanan os nosos parques, paseos, prazas,...


As plantas axúdannos a vivir e a percibir mais agradable a nosa cidade. As rúas , prazas, alamedas, paseos enriquecen a nosa cidade e a engalan todo ano.


Aredor da nosa cidade existen eucaliptos, piñeiros, carballos, palmeiras, camelios, plátanos...todos eles repartidos polos espacios naturais da nosa urbe. As Palmeiras, A Alameda, o paseo do Lérez, Fernández Ladreda, as marismas de Alba, a Illas das Esculturas...son as zonas de natureza mais importantes da nosa cidade.

luns, 13 de abril de 2015

11º sesión: Pontevedra e o clima.

Para traballar co clima da nosa cidade primeiro faremos unha pequena explicación das estacións do ano en Pontevedra e dentro desta explicación veremos como vai cambiando o noso clima.



Os alumnos de educación infantil e primer ciclo farán unha ficha de Suso nas distintas estacións do ano e onde terán que pintar o clima da cidade en cada momento.

 
Os alumnos de primaria farán un climograma sobre un ano enteiro da nosa cidade e farán un pequeno mural, que veremos na nosa exposición, expoñendo o seu traballo.


domingo, 15 de marzo de 2015

11º sesión: Pontevedra e o clima.

Pontevedra ten un clima oceánico, segundo a clasificación climática de Köppen.  A temperatura promedio é de quince grados. Segundo esta clasificación Pontevedra ten un clima oceánico con veranos suaves, ainda que fai uns anos esta clasificación vai cambiando cara un clima oceánico con veranos secos, xa que temos mais altas temperaturas.



A nosa cidade ten un microclima caracterizado por ter unha estación seca e temperaturas superiores nos meses mais cálidos. É uns dos climas mais benignos de Galicia e conta coa maior cantidade de días soleados da nosa comunidade, equiparando a nosa cidade coas das comunidades andaluza e valenciana.



As Rías Baixas son un dos puntos mais chuviosos de Galicia, sen embargo, Pontevedra capital con elevadas precipitacións é unha das cidades menos chuviosas de Galicia.




A cidade ten poucos cambios de temperatura grazas á influencia do mar. Os veráns son de calor moderado e os invernos estan marcados por pequenas heladas e temperaturas no moi frías.


luns, 9 de marzo de 2015

10º sesión: Pontevedra e as súas festas. Feira Franca

Para que os nosos alumnos celebren a chegada da Feira Franca a nosa cidade, teñen que estar integrados nesa época.



E que mellor que ter unha muralla que os achegue a nosa cidade amurallada e coas portas polas que entraban os materiais e as mercadorías que se compraban e vendían nesa época.

Os alumnos de infantil e primaria que participan no noso proxecto pintarán e construirán con briks a súa propia muralla que logo formará parte da nosa gran exposición.





10º sesión: Pontevedra e as súas festas. Feira Franca

A feira franca é unha festa baseada no privilexio concedido polo rei Enrique IV no ano 1467, en virtude do cal se autorizaba a celebración do mercado libre de impontos dun mes de duración, quince días antes e quince días despois do vintecatro do mes de agosto de cada ano, festividade de San Bartolomeu.


A concesión da feira franca coincide co periodo de puxanza económica da cidade, que se amplía ata finais do século XVI. O comercio e a pesca foi nesta época o sustento principal da nosa cidade.


A festa da feira franca, rescatada aos inicios do século XXI, é un gran mercado medieval onde se reflicte a artesanía, a gastronomía, o comercio, ... de esta época. A xente da cidade reprocude a vestimenta e a vida desta época e celebra así unha vida de explendor da vila.